Feijóo, un dos baróns do PP que, xunto con Soraya Sáenz de Santamaría, non asiste á primeira xunta directiva de Pablo Casado, celebrada en Barcelona. Na reunión si estivo a galega Ana Pastor, presidenta do Congreso.

Feijóo, un dos baróns do PP que, xunto con Soraya Sáenz de Santamaría, non asiste á primeira xunta directiva de Pablo Casado, celebrada en Barcelona. Na reunión si estivo a galega Ana Pastor, presidenta do Congreso.
A esta hora (10.30) sae de San Marcos, ás aforas de Santiago, a manifestación en defensa dos medios públicos que rematará ás 12.30 horas na praza das Praterías. Diversos colectivos sociais, así como toda a oposición e sindicatos, están a sumarse á marcha. (Aquí toda a información actualizada da xornada con vídeo e galería de imaxes)
O Goberno central declara a área afectada polo estoupido dunha pirotecnia ilegal en Tui como "zona afectada gravemente por unha emerxencia" -antiga 'zona catastrófica'-, o que implica varias liñas de axudas e rebaixas fiscais. Esta declaración viña sendo reclamada pola veciñanza afectada polo suceso do pasado maio, onde morreron dúas persoas e quedou arrasada a aldea de Paramos.
Dimite o coordinador xeral do PP de Ferrol en vésperas da nova elección do conselleiro Rey Varela como candidato á alcaldía. Alejandro Langtry aclarou en rolda de prensa que abandona o partido e máis a súa acta de concelleiro por diferenzas políticas e atribúe á formación "oportunismo e demagoxia", segundo recolle Ferrol 360. Na imaxe de arquivo, Langtry nunha comparecencia pública.
Arquivada a causa sobre a pelexa na que foi asasinado o seareiro deportivista Jimmy con só 10 imputados dos máis de cen que foran procesados nun inicio. Neste verán, o xuíz pechara a instrución do caso que investiga a morte do afeccionado sen identificar ningún culpable.
As eurodeputadas galegas Ana Miranda e Lidia Senra participan hoxe na delegación da Eurocámara que visita os líderes independentistas cataláns encarcerados. (Imaxe de Jordi Solé -ERC-)
O mantemento do horario de verán sen mudar de fuso implicaría que en Galicia amencese ás 10 da mañá no inverno. Pódese comprobar o efecto dos diferentes horarios en varios puntos do Estado nesta peza interactiva de eldiario.es
Pedro Sánchez e Pablo Iglesias acordan reverter recortes en educación, avanzan nun pacto orzamentario e consensúan retirar a medalla ao torturador franquista 'Billy el niño'. No encontro amosáronse tamén de acordo en eliminar o voto rogado para o electorado do exterior.
A parroquia de Lariño, en Carnota, sofre un incendio forestal próximo a vivendas que segundo a primeira información da Xunta, "supera as 20 hectáreas". (Imaxe: Brigada Marroxo)
O xurado do premio Narrativas Quentes decide deixar deserto o galardón, que volverá ser convocado en 2019 no canto de agardar dous anos. Así o vén de confirmar Edicións Positivas.