A parroquia de Lariño, en Carnota, sofre un incendio forestal próximo a vivendas que segundo a primeira información da Xunta, "supera as 20 hectáreas". (Imaxe: Brigada Marroxo)
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/5b921b92cd38d-dmbjn9gxcaevtoy.jpg)
A parroquia de Lariño, en Carnota, sofre un incendio forestal próximo a vivendas que segundo a primeira información da Xunta, "supera as 20 hectáreas". (Imaxe: Brigada Marroxo)
O xurado do premio Narrativas Quentes decide deixar deserto o galardón, que volverá ser convocado en 2019 no canto de agardar dous anos. Así o vén de confirmar Edicións Positivas.
Feijóo pide a Pedro Sánchez “que teña a man o 155 por se fose necesario aplicalo” novamente para intervir Catalunya. O presidente galego cargou contra o president Torra por “poñer en discusión o cumprimento de sentenzas” e censurou que os socialistas teñan “débedas” con el.
O Congreso aproba a recuperación da sanidade universal co voto en contra do PP e a abstención de Ciudadanos. Cóntao eldiario.es. A exclusión da sanidade pública das persoas inmigrantes en situación xerou numerosas protestas e tamén medidas paliativas que, no caso galego, deixaban fóra numerosas prestacións sanitarias. Na imaxe, a ministra de Sanidade, Carmen Montón.
O Bestiario do Vestiario dá o salto á radio en Ao contraataque, novo espazo deportivo da Radio Galega conducido por Pedro Pablo Alonso dende o vindeiro día 10. Martiño Suárez colaborará semanalmente coas súas historias nas marxes do deporte no programa, que se emitirá de domingo a xoves de 23:00 a 00:00
A Xunta elixe o 19 de marzo (San Xosé, martes) e non o 24 de xuño (San Xoán, luns) como festivo en toda Galicia para 2019. O ano próximo o 8 de decembro cae en domingo e o Goberno galego proporá ao Consello Galego de Relacións Laborais substituír ese festivo polo 19 de marzo. A decisión contrasta coa tomada en 2016, cando o Goberno galego si decidiu que o San Xoán fose festivo en todo o país.
O Defensor do Paciente pide á Fiscalía que investigue o "posible delito" polo "sobrepeso" das ambulancias do 061 que desvelou Praza.gal. A policía constatou numerosas eivas de seguridade e excesos de peso de ata 900 quilos en varias UVI móbiles de Galicia.
Pepe Carreiro, creador dos Bolechas, súmase á reivindicación contra a masificación nas aulas en Allariz. Durante toda esta semana pais e nais están a manifestarse ante a delegación de Educación en Ourense tras a negativa da Xunta a crear unha nova aula na vila malia superar as actuais o máximo de alumnos fixado por lei.
O Goberno central asume que a futura depuradora de Santiago estará no emprazamento da actual, como reclamaba o Concello. O Ministerio para a Transición Ecolóxica confirmouno nunha xuntanza co alcalde da capital galega, Martiño Noriega, o que implica desbotar a construción dunha nova EDAR no Souto, opción que viñeran defendendo o PP local e o Goberno de Rajoy.
Empresas pesqueiras galegas que operan na Arxentina terán que pagar un recargo duns 30 millóns anuais por decisión do Goberno de Macri. A medida forma parte do plan do Executivo arxentino para afrontar a grave crise económica do país. Cóntao a xornalista Lara Graña en Faro de Vigo.