Renfe esixiralles ás empresas concesionarias dos servizos de restauración dos seus trens que os camareiros dominen o catalán, o galego, o euskera, o castelán e o inglés. Así o asegura o Goberno nunha resposta a unha pregunta de CiU no Congreso.
Fálase
#debate2013 Conclúe o discurso de Feijóo cunha apelación a "trasladar ao Parlamento" o "espírito" da veciñanza que axudou na traxedia ferroviaria de Santiago. Toda a información e as primeiras reaccións, este mediodía en Praza.
Greenpeace felicita "os movementos sociais galegos" polo seu "éxito rotundo" ao conseguir a paralización da mina de Corcoesto e "desarmar os argumentos falaces sobre a seguridade e rendibilidade" do proxecto.
#debate2013 Feijóo dille á oposición que "escolla aquilo no que se sinta máis cómodo" para chegar a pactos co Goberno.
#debate2013 Feijóo reclámalle acordos á oposición: "dean mostras de como dialogan", di.
#debate2013 Feijóo reclama "exemplaridade da clase política". Rexeita o "rancor" e "lamenta que haxa quen se sinta máis preto dos que practican a violencia que de presidentes ou gobernos democráticos".
#debate2013 As familias con dous ou máis fillos e unha renda anual menor de 30.000 euros non pagarán matrícula nas escolas infantís.
#debate2013 Feijóo enmarca na "solidariedade" a fin dos libros de texto de balde, o novo decreto de comedores ou o novo imposto sobre os combustibles.
#debate2013 Feijóo anuncia unha rebaixa de medio punto no IRPF para "todos os que teñan unha base liquidable ata 17.700 euros". O presidente xa prometera rebaixar este imposto na campaña de 2009.
#debate2013 Feijóo insiste en que "poucas ou ningunha comunidade autónoma presentan unha política social máis completa que Galicia".