O candidato do BNG á Xunta, Francisco Jorquera, coida que "se Feijóo non esixe a dimisión de Conde Roa" haberá que concluír "que é compracente con delitos tan graves como a fraude fiscal".
Fálase
O Goberno aclara que estuda aplicar a progresividade por renda aos medicamentos, pero non á asistencia sanitaria. Segundo conta Europa Press, o Executivo descarta que se pague a Sanidade segundo o nivel de ingresos, tal e como insinuou o ministro De Guindos nunha entrevista á Cadena Ser.
O voceiro parlamentario do PP, Pedro Puy, evita ata en cinco ocasións aclarar se, en opinión do partido, Gerardo Conde Roa debe dimitir. "Teño por costume non dar a miña opinión ata que coñezo a información", di Puy, que se remite á rolda de prensa que o alcalde de Santiago dará esta tarde.
A CIG denuncia irregularidades nunhas oposicións a informático da Xunta e pide a dimisión do tribunal do proceso selectivo do A2, escala de xestión e sistemas de información e a repetición do terceiro exercicio do proceso selectivo. Afirma que o contido do exercicio foi revelado con anterioridade ao exame.
O Observatorio de Forcarei está a realizar o seguimento dunha nueva supernova, a terceira dende a súa apertura en 2008. Trátase de SN2012aw, localizada na M95, unha débil galaxia espiral barrada da constelación de Leo situada a aproximadamente 35 millóns de anos luz de distancia.
A web Desenredando la red asegura que a TVG borrou do seu Facebook comentarios críticos contra a dirección dos medios públicos tras a dimisión do xornalista Alfonso Hermida como editor e presentador do Telexornal Serán
O PP quere "facer cambios para non poñer en risco o sistema sanitario". O voceiro do grupo popular no Congreso, Alfonso Alonso, di que o seu partido aspira a "poñer o contador da débeda sanitaria a cero" porque na actualidade "non é sostible".
Helena Villar dimite da presidencia da Fundación Rosalía de Castro. Renunciará a ese posto o vindeiro 12 de abril. Segundo Villar, a súa renuncia é, en realidade, un adianto de pouco máis dun ano do momento no que tería que abandonar a presidencia por estatutos.
A presidenta do PP catalán, Alicia Sánchez-Camacho, negocia unha proposta propia de pacto fiscal entre Catalunya e o Estado. Cóntao Ara.
De Guindos culpa agora ás autonomías da incertidume que pesa sobre España. O ministro de Economía, na entrevista á Cadena SER, engade as dúbidas sobre a situación das comunidadees aos temores sobre Europa para xustificar a suba na prima de risco e a debilidade do mercado bursátil.