Helena Villar dimite da presidencia da Fundación Rosalía de Castro. Renunciará a ese posto o vindeiro 12 de abril. Segundo Villar, a súa renuncia é, en realidade, un adianto de pouco máis dun ano do momento no que tería que abandonar a presidencia por estatutos.
Fálase
A presidenta do PP catalán, Alicia Sánchez-Camacho, negocia unha proposta propia de pacto fiscal entre Catalunya e o Estado. Cóntao Ara.
De Guindos culpa agora ás autonomías da incertidume que pesa sobre España. O ministro de Economía, na entrevista á Cadena SER, engade as dúbidas sobre a situación das comunidadees aos temores sobre Europa para xustificar a suba na prima de risco e a debilidade do mercado bursátil.
O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, manifesta no diario El Mundo a súa vontade de "revisar" o Estado das Autonomías
O ministro de Economía, Luis de Guindos, fala abertamente na Cadena SER da fin da sanidade pagada só vía impostos e de repagamento
O Concello de Santiago convoca unha comparecencia pública do alcalde da cidade, Gerardo Conde Roa, para as 17.30 desta tarde. É a súa primeira rolda de prensa desde que saíu á luz a súa presunta fraude fiscal.
"A isto chamámolo democracia por unha convención lingüista pero é simplemente unha burla". Attac TV entrevista a Julio Anguita
Andrés Oppenheimer acusa nun artigo en El País á Asociación Nacional do Rifle de ter "unha gran responsabilidade na violencia en México". O presidente mexicano denunciou o outro día que en catro anos confiscaron 140 mil armas, a meirande parte mercadas nos Estados Unidos.
A CIG esíxelle á Consellería do Medio Rural e do Mar un incremento no número de contratacións de persoal para combater os incendios forestais e demándalle unha política forestal encamiñada á reorganización do monte así como plans de uso para os diferentes parques naturais existentes na nosa comunidade.
A Xunta resérvase a posibilidade de ampliar a Área Metropolitana de Vigo sen necesidade de aprobación polos plenos municipais, mediante unha fórmula que sería contraria a unha Lei do Estado. A Lei da Área Metropolitana de Vigo debátese este martes no Parlamento.