O Parlamento apoia por unanimidade a autodeterminación do Sáhara Occidental a través dunha declaración institucion
Fálase
A presidenta do Parlamento ordena o desaloxo da tribuna de activistas feministas que berraban a prol do "aborto libre e gratuíto". "Interromper o pleno pode ser constitutivo de delito", advírteas.
El Corte Inglés opta aos contratos de privatización de varios hospitais en Madrid. Colectivos de defensa da sanidade pública chaman ao boicot contra esta cadea de grandes almacéns.
O alcalde de Pontevedra confirma a cancelación das contas do Concello con Novagalicia Banco a raíz da estafa das preferentes. Cóntao Onda Cero
Arranca con milleiros de persoas a manifestación en Ferrol con motivo da folga xeral comarcal. Imaxe de @ccoogalicia.
Intermón Oxfam publica un informe que denuncia as malas prácticas e violación de dereitos por parte de grandes empresas españolas en países extranxeiros. Ebro Foods, Pescanova, Agrobeba, Hidralia Energia, Bionor, Acciona ou Iberdrola, entre as denunciadas.
O Goberno quere que os e as autónomas coticen máis á Seguridade Social, segundo publica Elplural.com. O 67% dos autónomos cotizan o mínimo durante toda a súa vida laboral, o que provoca, segundo o Goberno, que cando se xubilan o Estado teña que achegar cartos para que a súa xubilación poida chegar á pensión mínima
A USC organiza un curso en liña sobre financiamento de empresas de base tecnolóxica. O curso analizará as características e problemáticas das empresas de base tecnolóxica nas súas fases iniciais.
Pechan os cines Valle Inclán en Compostela. Santiago segue o ronsel doutras cidades e queda sen salas no seu centro urbano.
Feijóo ofrécelle o apoio do Goberno ao sector mineiro pero di que a mina de feldespatos de Xinzo non vai ser autorizada. Toda a información, esta mañá en Praza.