O xornalista José Yoldi, experto en información de tribunais, analiza en Cuarto Poder a resolución do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos sobre a Doutrina Parot e explica as orixes da mesma. Titúlao ¿Son torpes o ignorantes los magistrados del Supremo?
Fálase
Os fundadores do grupo galego Bricoking recuperan o control da compañía fronte aos seus socios belgas. Cóntao Economía Digital
A Xunta incorpora á súa imaxe corporativa o logotipo da conmemoración da peregrinaxe de san Francisco de Asís a Compostela. O acontecemento relixioso foi declarado de especial interese público e quen a patrocine logrará beneficios fiscais.
O Parlamento grego aproba deter a entrega de fondos estatais a Amencer Dourado. Faino unha semana despois de retirar a inmunidade aos seis parlamentarios da formación neonazi.
Santander e BBVA dispararán os seus beneficios no terceiro trimestre. O banco presidido por Emilio Botín gañou 1.047 millóns de euros, un 253% máis que o ano pasado.
Apple presenta os seus novos iPad (o Air, máis lixeiro e fino) e iPad Mini. A empresa tamén anunciou que o seu sistema operativo OS Mavericks será de balde, o mesmo que algúns novos programas.
A xustiza arxentina admite a trámite a querela presentada por ERC polos asasinatos do expresidente da Generalitat, Lluís Companys, e outros 47 cargos electos republicanos.
O PSOE pensa en outono de 2014 como data para a celebración de primarias. Rubalcaba pactará o calendario cos líderes territoriais antes da Conferencia Política deste novembro.
Dous vídeos amosan a agresión dun grupo de Mossos d’Esquadra a unha persoa no Raval de Barcelona, que morreu despois de ser reducido polos axentes.
O BNG valora a sentenza do Tribunal de Dereitos Humanos sobre a Doutrina Parot e considera que "cuestiona a política penitenciara levada a cabo polo Goberno central". Para os nacionalistas supón "un bochorno xurídico e político para o Estado español que o Tribunal emitise unha sentenza na que se lle acusa de vulnerar dereitos persoais fundamentais".