Bárcenas viaxou 29 veces a Suíza con maletas cargadas de cartos. Ingresou case catro millóns de euros nunha conta bancaria.
Fálase
A Federación Galega de Festivais de música vén de publicar o calendario de eventos para este verán: ao redor de 30 citas até final de ano.
O Parlamento Europeo concédelles o Premio á Cidadanía Europea 2013 á Plataforma de Afectados pola Hipoteca e á Academia da Lingua Vasca. A candidatura da PAH foi defendida, entre outras, pola eurodeputada do BNG, Ana Miranda. En El Diario
O Tribunal Constitucional alemán equipara os dereitos das parellas gais e as heterosexuais. As parellas de toda clase unidas civilmente terán os mesmos dereitos en materia tributaria que os matrimonios.
#consellodaxunta Feijóo di que a fusión de Oza e Cesuras non foi "impulsada", senón "feita" polo PP
#consellodaxunta Feijóo destaca a redución dun 14,3% do gasto en receitas médicas no último ano Servizo Galego de Saúde. Foi o ano de implantación do novo copagamento farmacéutico.
A Vicepresidencia da Xunta inaugura presenza propia nas redes sociais, paralela á conta principal do Goberno galego
#consellodaxunta A Xunta encoméndalle a Seaga os "traballos preventivos" da loita contra incendios. Son 135 brigadas compostas por un total de 500 persoas.
#consellodaxunta O Consello aproba o decreto de "fusión voluntaria" de Oza dos Ríos e Cesuras. Feijóo eleva á categoría de "histórica" a operación, que dá lugar a un novo concello chamado Oza Cesuras.
Telemadrid alerta do "adoutrinamento silencioso" que, di, desenvolven outras canles de televisión. En Vertele