#consellodaxunta Feijóo di que a fusión de Oza e Cesuras non foi "impulsada", senón "feita" polo PP
Fálase
#consellodaxunta Feijóo destaca a redución dun 14,3% do gasto en receitas médicas no último ano Servizo Galego de Saúde. Foi o ano de implantación do novo copagamento farmacéutico.
A Vicepresidencia da Xunta inaugura presenza propia nas redes sociais, paralela á conta principal do Goberno galego
#consellodaxunta A Xunta encoméndalle a Seaga os "traballos preventivos" da loita contra incendios. Son 135 brigadas compostas por un total de 500 persoas.
#consellodaxunta O Consello aproba o decreto de "fusión voluntaria" de Oza dos Ríos e Cesuras. Feijóo eleva á categoría de "histórica" a operación, que dá lugar a un novo concello chamado Oza Cesuras.
Telemadrid alerta do "adoutrinamento silencioso" que, di, desenvolven outras canles de televisión. En Vertele
O Sergas publica hoxe no DOG o anuncio para adquirir o equipamento de hemodinámica para o hospital de Lugo. Para hoxe mesmo está convocada unha manifestación na cidade para, precisamente, reclamar ese servizo, prometido por Feijóo.
Un petroleiro á deriva a 30 millas da Costa da Morte está a ser remolcado polo Ría de Vigo. O buque está cargado de asfalto e diríxese cara a Bilbao sen problemas, segundo adianta a Radio Galega.
Esta mañá celébrase no Parlamento a reunión convocada polo PP para abordar o recorte ao Parlamento. PSdeG e AGE acudirán á xuntanza e o BNG non o fará. Os tres grupos da oposición xa avanzan que non apoiarán a retallada.
O sociólogo Carlos Neira comeza a debullar no seu blog o estudo postelectoral publicado este mércores polo CIS. Destaca a evolución do sentimento identitario e nacionalista en Galicia, que descende.