O Rei de España pide "unidade" para loitar contra a crise "sen alentar distensións nin perseguir quimeras". Asegura nunha carta publicada na web da Casa Real que "o peor" que se pode facer agora é "dividir forzas".
Fálase
Rosa Díez propón "suspender a autonomía de Catalunya" se Artur Mas "perverte a orde constitucional". A líder de UPyD recorda a Rajoy que debe utilizar o artigo 155 da Constitución "para garantir a cohesión e igualdade dos españois".
Un mapa do transporte marítimo transformado con algoritmos matemáticos polo investigador da UDC Carlos Pais amosa as novas relacións económicas no mundo, con portos emerxentes en América Latina, África e Oriente Medio, coma Dar Es Salaam (Tanzania), Mersin (Turquía), Pointe-Noire (Congo), Yedá (Arabia Saudí), Jebel Ali (Emiratos Árabes Unidos), Puerto Saíd (Exipto) Ensenada (México), Puerto Cortés (Honduras) ou Cristóbal (Panamá)
Os creadores de Zapping e Turkia, programas de radio e televisión de referencia nos últimos anos na Coruña, terán un espazo na nova tempada de Cuac FM. Chamarase Tenka e comezará e emitirse en breve.
O Goberno asegura que decidirá sobre o rescate "cando teña as cousas ben atadas". A vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría, di tamén que as pensións "sería o último" que tocarían, durante unha entrevista en Tele 5.
Acaba de nacer El Diario. Abre informando de que o Congreso incumpre a lei dende 1982 para ocultar as súas contas
O Tesouro español coloca o máximo previsto, 4.576 millóns, a un interese máis baixo.
Joseph Stiglitz insiste en que "a austeridade non vai funcionar" en España. O economista e premio Nobel asegura que un novo rescate só provocaría "máis recesión e máis paro" nunha entrevista en El Periódico.
A morosidade da banca dispárase ao 9,86% en xullo e marca o seu máximo histórico. Os créditos morosos totais do sector financeiro en España creceron en case 1.000 millóns de euros nese mes.
Os problemas volverán ao mercado se o Goberno central non pide en breve o rescate. Así o aseguran varios expertos en Expansión, que advirten da excesiva demora de Mariano Rajoy.