O xulgado de Cambados accede a adiar a declaración de Louzán no caso no que é investigado por presunto suborno. O expresidente da Deputación de Pontevedra alegou motivos persoais que o xulgado aceptou, segundo recolle Pontevedra Viva
Fálase
O PSdeG celebrará o 6 de marzo o Comité Nacional que fixará o calendario de primarias e elaboración do programa para as eleccións galegas. Foi adiado unha semana para non cadrar coa consulta á militancia sobre os pactos de goberno, segundo vén de anunciar a secretaria de organización dos socialistas galegos ao remate da súa Executiva.
O informático do PP di que borrou 35 veces e rompeu os discos duros dos ordenadores de Bárcenas.
Suspendido temporalmente o pleno en Pontevedra polos apupos e desordes na sala ante a defensa da declaración de "persoa non grata" contra Rajoy. Un nutrido grupo de simpatizantes do PP e do persoal de ENCE ocupa boa parte das butacas do Teatro Principal, no que se desenvolve a sesión.
Detido Alfonso Grau, ex vicealcalde de Valencia, pola trama corrupta do PP. Vén de ser arrestado en relación coa rede de financiamento ilegal dos populares.
Dirixentes do PP queren ir en coalición con Ciudadanos a unhas posibles eleccións. Consideran que os resultados non variarían moito e apostan por unirse á formación de Rivera para obter unha ampla maioría.
Camps era o "recadador" da trama do PP valenciano, segundo os investigadores, que apuntan o ex presidente valenciano como nexo coa caixa b estatal do partido e integrante de "organización criminal".
Só o 30% dos mozos inscritos no plan de emprego da Xunta atoparon traballo. Case 10.000 persoas se apuntaron pero tan só 2.900 conseguiron un contrato.
A Xunta prescindiu de case 7.500 empregos fixos durante os últiimos catro anos. O cadro de persoal autonómico caeu só un 3% grazas ao contratos temporais, un 47% máis.
A AELG volve pedir un Panteón de Galegos Ilustres "de titularidade pública" e "libre acceso". Así se pronunciou o colectivo nun acto con motivo do Día de Rosalía.