O informático do PP di que borrou 35 veces e rompeu os discos duros dos ordenadores de Bárcenas.
Fálase
Suspendido temporalmente o pleno en Pontevedra polos apupos e desordes na sala ante a defensa da declaración de "persoa non grata" contra Rajoy. Un nutrido grupo de simpatizantes do PP e do persoal de ENCE ocupa boa parte das butacas do Teatro Principal, no que se desenvolve a sesión.
Detido Alfonso Grau, ex vicealcalde de Valencia, pola trama corrupta do PP. Vén de ser arrestado en relación coa rede de financiamento ilegal dos populares.
Dirixentes do PP queren ir en coalición con Ciudadanos a unhas posibles eleccións. Consideran que os resultados non variarían moito e apostan por unirse á formación de Rivera para obter unha ampla maioría.
Camps era o "recadador" da trama do PP valenciano, segundo os investigadores, que apuntan o ex presidente valenciano como nexo coa caixa b estatal do partido e integrante de "organización criminal".
Só o 30% dos mozos inscritos no plan de emprego da Xunta atoparon traballo. Case 10.000 persoas se apuntaron pero tan só 2.900 conseguiron un contrato.
A Xunta prescindiu de case 7.500 empregos fixos durante os últiimos catro anos. O cadro de persoal autonómico caeu só un 3% grazas ao contratos temporais, un 47% máis.
A AELG volve pedir un Panteón de Galegos Ilustres "de titularidade pública" e "libre acceso". Así se pronunciou o colectivo nun acto con motivo do Día de Rosalía.
A Plataforma Feminista Galega exixe a inhabilitación do profesor da USC denunciado por comentarios machistas. Recorda que "lonxe de modificar a súa conduta" e "mostrar arrepentimento", "enviou unha carta a un medio de comunicación na que xustificaba o seu comportamento".
A xuntanza entre PSOE, Podemos, Compromís e IU para negociar a investidura será mañá luns. Os equipos negociadores de Sánchez e Iglesias veranse por primeira vez as caras a unha semana de que comece a sesión de investidura.