Gaza celebra hoxe o 25 aniversario de Hamas. O seu lider, Khaled Meshaal, dará un discurso ante ducias de milleiros de persoas.
Fálase
Tuenti incorpórase a Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística para a dinamización do galego no ámbito empresarial.
Os traballadores dos paradores galegos secundan a folga con paros do 90% que provocan cancelacións que poden supoñer o 20% das reservas.
Os salarios en España baixaron entre un 3% e un 4% en 2010 e 2011, segundo a OIT: Cóntao El Diario.
Este luns ás 12 as reitoras e reitores das universidades públicas españolas darán a coñecer un comunicado conxunto para comunicarlle á sociedade a "preocupación" das universidades polos recortes nos Orzamentos do Estado en materia de Educación Superior e I+D+i. Os reitores da Coruña e Vigo veñen de convocar roldas de prensa para explicar o documento
O Goberno aproba a aplicación do novo canon dixital, que se pagará cunha partida dos Orzamentos do Estado. As entidades de xestión cobrarán 5 millóns de euros en 2012, mentres que en 2011 esta cantidade foi de 115 millóns.
Pensionistas de CCOO e UGT manifestaranse o vindeiro 14 de decembro en Galicia. Únense así a unha semana de protestas que se desenvolverán en varias comunidades autónomas contra o recorte das pensións.
Un militar retirado advirte dunha corrente no Exército a favor de intervir en Cataluña. Pedro Pitarch recoñeceuno nunha entrevista a Catalunya Ràdio.
Facenda di que os Orzamentos de 2013 "blindarán os servizos públicos esenciais". Asegura que é un "obxectivo irrenunciable" da Xunta.
Os sindicatos de Iberia manteñen a folga convocada para os días 14, 17, 18, 19, 20 e 21 de decembro, ao non chegar a un acordo coa empresa na xuntanza que mantiveron esta mañá.