O Goberno aproba a aplicación do novo canon dixital, que se pagará cunha partida dos Orzamentos do Estado. As entidades de xestión cobrarán 5 millóns de euros en 2012, mentres que en 2011 esta cantidade foi de 115 millóns.
Fálase
Pensionistas de CCOO e UGT manifestaranse o vindeiro 14 de decembro en Galicia. Únense así a unha semana de protestas que se desenvolverán en varias comunidades autónomas contra o recorte das pensións.
Un militar retirado advirte dunha corrente no Exército a favor de intervir en Cataluña. Pedro Pitarch recoñeceuno nunha entrevista a Catalunya Ràdio.
Facenda di que os Orzamentos de 2013 "blindarán os servizos públicos esenciais". Asegura que é un "obxectivo irrenunciable" da Xunta.
Os sindicatos de Iberia manteñen a folga convocada para os días 14, 17, 18, 19, 20 e 21 de decembro, ao non chegar a un acordo coa empresa na xuntanza que mantiveron esta mañá.
O Cineclube de Compostela publica unha entrevista co director portugués Pedro Costa, que estivo en Compostela hai unhas semanas para recibir o Premio Cineuropa: “Eu acho que há cineastas que não têm a coragem de não fazer filmes”
A prensa brasileira lembra nas súas portadas a Óscar Niemeyer, que onte foi despedido en Brasilia e hoxe serao en Rio de Janeiro
O Consello Consultivo de Galicia cuestiona a legalidade de que cada colexio fixe un criterio propio, que puntuaría canda aos xerais, para a admisión de alumnos
CiU asume algunhas das peticións de ERC para chegar a un pacto. Estaria disposto a gravar as sucesións e a incrementar os impostos sobre as centrais nucleares e as grandes superficies comerciais.
O Manifestómetro calcula que na manifestación #EspañaEnElCorazón que onte tivo lugar en Madrid participaron ao redor de doce mil persoas que nin sequera chegaron a encher a Praza de Colón