O Manifestómetro calcula que na manifestación #EspañaEnElCorazón que onte tivo lugar en Madrid participaron ao redor de doce mil persoas que nin sequera chegaron a encher a Praza de Colón
Fálase
A declaración da renda de Gerardo Díaz-Ferrán en 2010 saiulle a devolver. Facenda devolveulle 2.052,47 euros a pesar de que Díaz-Ferrán recibia 100.000 euros mensuais froito dun pacto segredo co empresario Ángel de Cabo
Brasil despide a Niemeyer con honores. O arquitecto é velado hoxe en Brasilia e mañá o fará en Rio de Janeiro. O acto pódese seguir en directo.
O Parlamento sueco aprobou este mércores, en sesión extraordinaria, recoñecer o Estado Saharaui. Suecia é o primeiro pais europeo que recoñece a RASD como Estado, e especúlase con que nos vindeiros meses outros parlamentos, sobre todo os do norte de Europa, fagan o mesmo.
O Concello de Pontevedra escolle o Apalpador como imaxe das súas actividades de nadal, que comezaron onte
Escasa participación nas manifestacións "en defensa da Constitución" en Barcelona e Madrid. Na capital catalá a convocatoria, apoiada por PP, Ciutadans e UPyD, reuniu unhas sete mil persoas. E en Madrid a marcha, que contou coa participación de Carlos Iturgaiz ou Alejo Vidal-Quadras, non conseguiu encher a praza de Colón.
Berlusconi ameaza con deixar caer o Goberno de Mario Monti. Os senadores do PDL abandonaron a cámara para non votar unha lei do Goberno.
As licencias Creative Commons celebran o seu décimo aniversario o 16 de decembro. Na semana do 7 ao 16 unha serie de accións baixo a etiqueta #cc10 conmemoran a efeméride.
O adestrador do Barça, Tito Vilanova, criticou este mércores o proxecto de reforma educativa pois suporia "retroceder 30 anos", cando moita xente, coma el mesmo, non puido aprender catalán na escola. Vilanova súmase á posición oficial do F.C. Barcelona e a do capitán Carles Puyol, que tamén se opuxeron publicamente á norma. No partido de onte contra o Benfica no Camp Nou puideron verse moitas faixas alusivas a este tema.
A XI edición do Festival Agustín Magán de teatro amador comeza este xoves en Compostela coa representación de Pim, pam, Clown! no Teatro Principal, que acollerá todas as obras até o martes 11.