Hoxe é a segunda xornada de folga xeral na sanidade pública galega, un paro que segundo as organizacións convocantes está a ser maioritario e que a Xunta segue a desdeñar.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52a6ba23878cc-52a5ba7f97a93-marcide1.jpg)
Hoxe é a segunda xornada de folga xeral na sanidade pública galega, un paro que segundo as organizacións convocantes está a ser maioritario e que a Xunta segue a desdeñar.
Siareiros Galegos organiza un novo partido da selección galega de fútbol, que nesta ocasión xogará contra a de Occitania o vindeiro 28 de decembro en Lugo.
Gciencia entrevista en Vigo a Richard Stallman: “Hai que recobrar a soberanía informática; o software privativo dana a seguridade nacional”
Un grupo de homes armados asasina pacientes no interior dun hospital de Bangui, na República Centroafricana, segundo vén de denunciar Médicos Sen Fronteiras
O monolito de Cruz da Maceira (Moaña) dedicado aos represaliados pola ditadura apareceu cuberto co escudo franquista.
Unha ONG de Noruega crea a campaña 'Africa for Norway', na que simula que organizacións africanas doan radiadores á poboación norueguesa. Por tras está a intención de loitar contra a visión "simplista" da problemática do continente africano. Cóntao Disquecool
O Goberno baixará o IRPF e subirá os impostos indirectos, segundo publica hoxe El Mundo. Nesta nova reforma fiscal unha gran cantidade de produtos deixarían os tipo reducido (10%) e superreducido (4%), para ser gravados co tipo xeral (21%)
"Alto seguimento" da primeira xornada de folga convocada na sanidade galega para este luns e martes, segundo os sindicatos, especialmente en Pontevedra, Vigo e o Salnés. A Xunta, en cambio, ofrece un dato do 21% de seguimento. Máis información, ao longo da mañá, en Praza.
Richard Stallman, fundador e presidente da Free Software Foundation, ofrecerá esta tarde en Vigo, no Centro Cultural Novacaixagalicia, un relatorio ao abeiro da MeTTeG 2013, titulado O software libre e a admiistración dixital. O mércores estará na Coruña, na Facultade de Informática da UDC
Licenciados portugueses recompilan na web Ganhem Vergonha centos de ofertas de traballo vergoñentas