Richard Stallman, fundador e presidente da Free Software Foundation, ofrecerá esta tarde en Vigo, no Centro Cultural Novacaixagalicia, un relatorio ao abeiro da MeTTeG 2013, titulado O software libre e a admiistración dixital. O mércores estará na Coruña, na Facultade de Informática da UDC
Fálase
Licenciados portugueses recompilan na web Ganhem Vergonha centos de ofertas de traballo vergoñentas
Yanis Varoufakis reflexiona sobre as opcións que ten Syriza, e unha hipotética política económica alternativa dende un goberno de esquerdas en Grecia, de mudar a economía europea no seu conxunto.
Oito mulleres da asociación Ve-la Luz comezan hoxe unha nova folga de fame contra a desprotección das vítimas da violencia machista e na que denuncian "represalias" polas súas protestas e a "normalización social e mediática da impunidade" dos maltratadores.
Carrie Giunta analiza en Sinpermiso a guerra polo control dos xacementos de Coltán no Congo, que provocou xa arredor de seis millóns de mortos dende 1996.
Banesco, principal favorito para facerse con Novagalicia Banco. As entidades españolas cren que o banco venezolano é quen máis posibilidades ten de comprar a entidade galega.
O Partido Socialista Unido de Venezuela gaña as eleccións municipais co 44% dos votos e o 58,5% das alcaldías. En El Diario
Faro de Vigo recolle a emigración a Sudamérica de docentes universitarios galegos pola "inestabilidade" e mellor remuneración das institucións académicas americanas.
O DOG publica hoxe o nomeamento de Alberto Pazos como director xeral de Administración Local. Ata agora Pazos era deputado do PP.
Hoxe é a primeira xornada da folga xeral no Sergas. Estes son os servizos mínimos