Yanis Varoufakis reflexiona sobre as opcións que ten Syriza, e unha hipotética política económica alternativa dende un goberno de esquerdas en Grecia, de mudar a economía europea no seu conxunto.
Fálase
Oito mulleres da asociación Ve-la Luz comezan hoxe unha nova folga de fame contra a desprotección das vítimas da violencia machista e na que denuncian "represalias" polas súas protestas e a "normalización social e mediática da impunidade" dos maltratadores.
Carrie Giunta analiza en Sinpermiso a guerra polo control dos xacementos de Coltán no Congo, que provocou xa arredor de seis millóns de mortos dende 1996.
Banesco, principal favorito para facerse con Novagalicia Banco. As entidades españolas cren que o banco venezolano é quen máis posibilidades ten de comprar a entidade galega.
O Partido Socialista Unido de Venezuela gaña as eleccións municipais co 44% dos votos e o 58,5% das alcaldías. En El Diario
Faro de Vigo recolle a emigración a Sudamérica de docentes universitarios galegos pola "inestabilidade" e mellor remuneración das institucións académicas americanas.
O DOG publica hoxe o nomeamento de Alberto Pazos como director xeral de Administración Local. Ata agora Pazos era deputado do PP.
Hoxe é a primeira xornada da folga xeral no Sergas. Estes son os servizos mínimos
Galicia sufriu cinco pequenos terremotos nas últimas horas. O de maior magnitude, con epicentro en Campo Lameiro, chegou aos 3 graos na escala Richter.
Mariano Rajoy di nunha entrevista en El País que o que agora lle preocupa é "Alemaña teña claro onde imos", desvincúlase da contabilidade b do PP e insiste en que non autorizará un referendo en Catalunya.