A empresa privada que xestiona o aparcadoiro do hospital de Lugo esíxelle 600.000 euros ao Concello porque, ao permitir aparcar no entorno do complexo, lle resta clientela. O estacionamento no HULA é de pagamento por decisión da Xunta. En El Progreso
Fálase
A deputada galega do PP Ana Belén Vázquez considera "repugnante" que unhas mulleres "protesten cos peitos ao aire". El Diario recolle as reaccións dos conservadores á protesta de Femen.
Martin Karplus, Michael Levitt e Arieh Warshel son os gañadores do Premio Nobel de Química por sentar as bases, nos anos setenta, dos potentes modelos informáticos que permiten comprender e predicir os sistemas químicos complexos
O presidente da Plataforma de Afectados pola Hipoteca en Pontevedra intenta suicidarse. Leva dous anos buscando solucionar coa súa entidade financeira dúas hipotecas pendentes, da súa vivenda e da súa clínica de psicoloxía. O home, de 70 anos, está ingresado no hospital de Montecelo, consciente.
Joaquín Rodríguez reflexiona sobre "por que non mercamos libros" á vista dos datos do informe Skills outlook 2013 da OCDE, que afirma que un 66,6% da poboación adulta española (entre 16 e 65 anos) "presenta serios problemas de comprensión lectora". Rodríguez pregúntase: "a alguén pódelle chocar que en 2011 o gasto medio na compra de libros non de texto fose de 22,2 euros?" e "alguén cre que todo isto ten que ver coa pirataría?"
O Govern prohibe a manifestación de ultradereita polo 12-O en Barcelona. A marcha estaba convocada por varios grupos fascistas e neonazis.
O ministro de Facenda nega que os salarios estean a baixar e sentenza que só "moderan o seu crecemento". Montoro ignora, deste xeito, os datos oficiais que difunde o propio Goberno. En El País
Activistas de Femen interrompen a sesión de control ao Gobierno no Congreso para protestar contra a reforma da lei do aborto prevista polo Ministerio de Xustiza. Foron expulsadas segundos despois.
ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP piden que se prohíba a manifestación fascista do 12-O en Barcelona
Pemex aclara unha vez máis que Navantia e Barreras farán os floteis só se PMI gaña a licitación. A de PMI é unha das 11 ofertas que pelexan polo contrato; o resultado coñcerase o 27 de novembro