O ministro de Facenda nega que os salarios estean a baixar e sentenza que só "moderan o seu crecemento". Montoro ignora, deste xeito, os datos oficiais que difunde o propio Goberno. En El País
Fálase
Activistas de Femen interrompen a sesión de control ao Gobierno no Congreso para protestar contra a reforma da lei do aborto prevista polo Ministerio de Xustiza. Foron expulsadas segundos despois.
ERC, PSC, ICV-EUiA e CUP piden que se prohíba a manifestación fascista do 12-O en Barcelona
Pemex aclara unha vez máis que Navantia e Barreras farán os floteis só se PMI gaña a licitación. A de PMI é unha das 11 ofertas que pelexan polo contrato; o resultado coñcerase o 27 de novembro
Finalizan sen acordo as primeiras vistas de concialiación entre os afectados polas preferentes e NGB, que se celebraron este martes en Vigo
Manuel Álvarez Torneiro gaña o Premio Nacional de poesía cun poemario en galego. É a primeira vez que o Ministerio de Cultura concede o galardón por unha obra escrita na nosa lingua
O TSXG ordena o derrubo de 52 chalés no Grove, ao pé da praia da Balea, contradicindo unha sentenza recente do Supremo
A Executiva do PSdeG ratifica a Méndez Romeu como novo voceiro parlamentario, segundo adianta El País
Esta mañá comezou en Lugo a campaña de recollida de sinaturas para apoiar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Alba Tobella analiza no blog Ssociólogos "por que a violencia machista sobrevive na xente moza", á vista dos datos que amosan que unha de cada catro mulleres atendidas nos centros de Igualdade son menores de 25 anos.