Finalizan sen acordo as primeiras vistas de concialiación entre os afectados polas preferentes e NGB, que se celebraron este martes en Vigo
Fálase
Manuel Álvarez Torneiro gaña o Premio Nacional de poesía cun poemario en galego. É a primeira vez que o Ministerio de Cultura concede o galardón por unha obra escrita na nosa lingua
O TSXG ordena o derrubo de 52 chalés no Grove, ao pé da praia da Balea, contradicindo unha sentenza recente do Supremo
A Executiva do PSdeG ratifica a Méndez Romeu como novo voceiro parlamentario, segundo adianta El País
Esta mañá comezou en Lugo a campaña de recollida de sinaturas para apoiar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade.
Alba Tobella analiza no blog Ssociólogos "por que a violencia machista sobrevive na xente moza", á vista dos datos que amosan que unha de cada catro mulleres atendidas nos centros de Igualdade son menores de 25 anos.
Galicia e o Norte de Portugal reclaman dende Bruxelas unha liña ferroviaria "decente" que una Vigo co Porto e Lisboa. Recólleo o xornal portugués Público, que tamén subliña que Feijóo evitou facer declaracións ante a prensa.
Monforte asumirá o novo copago farmacéutico e únese así a Riotorto ou Pedrafita, que subvencionarán o pago dos medicamentos para os veciños máis necesitados tras a nova medida imposta polo Goberno central.
Galiza Ano Cero lanza un avance da súa segunda entrevista, que ten como protagonista ao sociólogo Emmanuel Rodríguez
Os grupos só poderán presentar 50 propostas de resolución no debate de política xeral do Parlamento. A redución foi apoiada por PP e AGE e rexeitada por PSdeG e BNG.