Os grupos só poderán presentar 50 propostas de resolución no debate de política xeral do Parlamento. A redución foi apoiada por PP e AGE e rexeitada por PSdeG e BNG.
Fálase
François Englert e Peter Higgs recibirán o Premio Nobel de Física pola teoría do Bosón de Higgs, proposta hai cinco décadas, e probada experimentalmente o pasado ano. Materia publica unha liña de tempo que explica o proceso que levou a esta confirmación, con participación galega, e La Información recupera o texto El bosón de Higgs explicado a mi abuela
O Parlamento europeo aproba o protocolo de pesca Mauritania-España que exclúe a flota cefalopodeira galega cunha aplastante maioría (467 votos a favor e 154 en contra). Máis de vinte barcos galegos serán afectados pola medida. Máis información, esta tarde en Praza.
A Fundación Cidadá Civio pon en marcha o proxecto Quién Manda?, que pretende amosar a relación entre o poder político e o poder económico, un mapa do poder en España que busca deitar luz sobre esos vínculos, que se regule o lobbying e que se publiquen as axendas de traballo completas dos cargos públicos.
Investígase a morte dun home en Barcelona tras ser reducido por varios axentes dos Mossos d'Esquadra. Os policías argumentan que o home se mostrou "agresivo" e que se viron obrigados a reducilo, pero veciños cuestionan o relato dos axentes.
O desaloxo de Elisabeth, que estaba previsto para esta mañá, queda momentaneamente paralizado, ante a presión de Stop Desafiuzamentos. As autoridades xudiciais garanten que a expulsión non se realizará nas vindeiras dúas semanas, á espera de achar unha solución para o seu caso.
Público.es adianta as identidades das persoas que impulsan o denominado Partido X, que hoxe presentan o seu proxecto en Madrid.
Os membros do Parlamento terán libre de impostos menor proporción do salario que ata agora pero, segundo publica La Voz, seguirán sen tributar por todas as súas remuneracións.
José Luis Méndez Romeu aglutina a maioría dos apoios para ser o novo voceiro parlamentario do PSdeG, segundo recolle El País
BNG, ERC e Amaiur reclaman hoxe no Congreso o dereito de autodeterminación dos pobos. Levarán o debate ao pleno da Cámara tras presentar unha proposición non de lei.