Os membros do Parlamento terán libre de impostos menor proporción do salario que ata agora pero, segundo publica La Voz, seguirán sen tributar por todas as súas remuneracións.
Fálase
José Luis Méndez Romeu aglutina a maioría dos apoios para ser o novo voceiro parlamentario do PSdeG, segundo recolle El País
BNG, ERC e Amaiur reclaman hoxe no Congreso o dereito de autodeterminación dos pobos. Levarán o debate ao pleno da Cámara tras presentar unha proposición non de lei.
Un estudo afirma que o 48% dos usuarios que deixaron Facebook o fixeron preocupados pola súa privacidade
Estrasburgo botará abaixo a doutrina Parot, segundo anuncian ABC e La Razón, nunha sentenza inminente.
Ás 10.30 horas está previsto no barrio coruñés do Castrillón o desafiuzamento de Elisabeth e os seus tres fillos. Sofre fibromialxia e cobra 216 euros ao mes, polo que non pode facer fronte ao pago do aluguer. Stop Desafiuzamentos denuncian que dende o concello só lle ofrecen unha estadía temporal no centro católico Padre Rubinos, onde se vería privada dos seus fillos. Varios activistas realizaron unha vixilia esta noite para impedir o desaloxo
Os presidentes das deputacións de Lugo e Ourense reúnense para impulsar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade
A Casa del Rey pídelle amparo á FAPE, por "sentirse indefensa" ante a publicación dunha nova por elconfidencial.com que considera "falsa". Este dixital publicou que "O rei se empeña en ir a Panamá contra o criterio do Goberno e dos médicos".
A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais realizou en Madrid un acendido simbólico da chama olímpica de Sochi para denunciar as "políticas homófobas" de Rusia.
A policía ten rexistrados 2.500 militantes de 50 organizacións de extrema dereita en toda España. O 12 de outubro estes grupos, baixo a marca España en marcha, realizarán unha manifestación autorizada en Barcelona