Estrasburgo botará abaixo a doutrina Parot, segundo anuncian ABC e La Razón, nunha sentenza inminente.
Fálase
Ás 10.30 horas está previsto no barrio coruñés do Castrillón o desafiuzamento de Elisabeth e os seus tres fillos. Sofre fibromialxia e cobra 216 euros ao mes, polo que non pode facer fronte ao pago do aluguer. Stop Desafiuzamentos denuncian que dende o concello só lle ofrecen unha estadía temporal no centro católico Padre Rubinos, onde se vería privada dos seus fillos. Varios activistas realizaron unha vixilia esta noite para impedir o desaloxo
Os presidentes das deputacións de Lugo e Ourense reúnense para impulsar a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade
A Casa del Rey pídelle amparo á FAPE, por "sentirse indefensa" ante a publicación dunha nova por elconfidencial.com que considera "falsa". Este dixital publicou que "O rei se empeña en ir a Panamá contra o criterio do Goberno e dos médicos".
A Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuais e Bisexuais realizou en Madrid un acendido simbólico da chama olímpica de Sochi para denunciar as "políticas homófobas" de Rusia.
A policía ten rexistrados 2.500 militantes de 50 organizacións de extrema dereita en toda España. O 12 de outubro estes grupos, baixo a marca España en marcha, realizarán unha manifestación autorizada en Barcelona
O salario mínimo volverá quedar conxelado este ano e vai sumar unha perda de poder adquisitivo do 6,1% dende 2010
O exame de competencias básicas da poboación adulta realizado pola OCDE en 23 países deixa España nos últimos lugares en matemáticas e comprensión lectora. Os máis novos reducen a diferenza con outros países, máis marcadas entre as persoas de maior idade.
O pleno do Concello de Lugo aproba por unanimidade unha moción do BNG que condena o franquismo e insta á retirada dos nomes da ditadura que aínda fican no rueiro da cidade.
Unha convocatoria de mobilización a favor do decreto plurilingüe de Baleares xunta unhas trinta persoas, segundo recolle Diario de Mallorca. O movemento de oposición á norma deu lugar a unha folga no ensino e a protestas de milleiros de manifestantes.