O salario mínimo volverá quedar conxelado este ano e vai sumar unha perda de poder adquisitivo do 6,1% dende 2010
Fálase
O exame de competencias básicas da poboación adulta realizado pola OCDE en 23 países deixa España nos últimos lugares en matemáticas e comprensión lectora. Os máis novos reducen a diferenza con outros países, máis marcadas entre as persoas de maior idade.
O pleno do Concello de Lugo aproba por unanimidade unha moción do BNG que condena o franquismo e insta á retirada dos nomes da ditadura que aínda fican no rueiro da cidade.
Unha convocatoria de mobilización a favor do decreto plurilingüe de Baleares xunta unhas trinta persoas, segundo recolle Diario de Mallorca. O movemento de oposición á norma deu lugar a unha folga no ensino e a protestas de milleiros de manifestantes.
A SEPI asegura que os contratos de Pemex son firmes e que entrarán en vigor en Ferrol e en Vigo. A empresa mexicana anuncia que o fallo definitivo sobre a licitación será o 27 de novembro.
O premio Nobel de Medicina, anunciado hoxe en Estocolmo, recoñeceu o traballo de James Rotheman, Randy W. Schekman e Thomas C. Südhof no estudo do sistema de transporte que usan as nosas células
Cultura Galega analiza nunha reportaxe as novas apostas de editoriais galegas, como Galaxia ou Rinoceronte, por crear e distribuír coleccións e produtos en castelán, coma os libro-discos Sueños del Gatipedro ou as coleccións Mar Maior ou Sushi Books.
O PPdeG acusa a Anova e BNG de non condenar o atentado de Beade malia que si amosaron o seu total rexeitamento ao ataque sufrido pola Casa do Concello da localidade.
O PP non acepta a proposta de Sánchez-Camacho dun financiamento singular para Cataluña. A iniciativa do PP catalán foi rexeitada polo Goberno e a dirección do partido.
A campaña Gústame o galego, impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, supera os 5.000 participantes mentres, en Facebook, xa van alén dos 10.000 seguidores e seguidoras.