O DOG publica hoxe a instrución do Sergas sobre a atención a persoas sen dereito á sanidade pública. Como adiantou Praza, inclúe restricións para colectivos como as mulleres inmigrantes embarazas, ás que se lles restrinxe a dous meses a atención posparto.
Fálase
A Xunta admite xa que o proxecto da planta de Irixo "pinta mal". Cerceda, tal e como adiantou Praza, é agora a principal alternativa.
Presentado o novo iPhone5: máis lixeiro, máis fino e coa pantalla máis grande.
A correspondente de TVE en Londres revela que o Consello de Informativos da televisión pública criticou o tratamento que o Telediario 2 lle deu á manifestación independentista de Barcelona e que a dirección admitiu un "erro de valoración"
A Audiencia Nacional confirma a excarceración de Bolinaga por "razóns humanitarias". Por catro votos contra un, os maxistrados apoian o xuíz fronte a decisión da Fiscalía.
Televisión Española prepara un programa sobre a Casa Real e designa a profesionais próximos ao PSOE e IU para poñelo en marcha. En Vertele.
Le Monde salienta na súa portada que a manifestación pola independencia foi "censurada" por TVE ou ocultada polos medios conservadores de Madrid
Miguel Barros, ex deputado socialista e ex concelleiro do PSdeG en Vigo fará pública mañá a súa incorporación a Compromiso por Galicia
Estase desenvolvendo en Cardiff a primeira xornada do X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Imaxe da conferencia de Xurxo Mariño via @magago.
Ana Mato confirma que os novos recortes en sanidade chegarán despois das eleccións vascas e galegas. A ministra revelou que o deseño da carteira de servizos básicos estará listo para finais de outubro ou comezos de novembro.