Miguel Barros, ex deputado socialista e ex concelleiro do PSdeG en Vigo fará pública mañá a súa incorporación a Compromiso por Galicia
Fálase
Estase desenvolvendo en Cardiff a primeira xornada do X Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Imaxe da conferencia de Xurxo Mariño via @magago.
Ana Mato confirma que os novos recortes en sanidade chegarán despois das eleccións vascas e galegas. A ministra revelou que o deseño da carteira de servizos básicos estará listo para finais de outubro ou comezos de novembro.
Os traballos de rehabilitación dos edificios da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada, ETEA, para formar parte do Campus do Mar da Universidade de Vigo comezarán en xaneiro de 2013.
PP, CiU e UPyD votan en contra dunha iniciativa de IU para que a Igrexa se autofinancie. A proposta pedia a fina da exención do pago do IBI e o recorte nun 20% da asignación do IRPF.
A Fiscalía da Audiencia Nacional vólvese opoñer á excarceración de Uribetxebarria. Mantén que "non está en estado terminal" e que "pode ser tratado na cadea".
Os traballadores de Navantia advirten de que o dique flotante é "complementario" á carga de traballo e avisan a Feijóo que "tirar a toalla" con esta infraestrutura supón "unha falta ás súas promesas" e unha decisión "contraproducente".
Xa se está a montar no recinto de Expocoruña a instalación que albergará o xuízo do Prestige. O proceso xudicial comeza o 16 de outubro.
O ministro de Economía, Luis de Guindos, advirte de que "será imposible manter as prestacións sociais" se non muda a situación económica. En El País.
La Información analiza nunha infografia interactiva "as catro maneiras nas que Apple podería decepcionar os seus afeccionados" no lanzamento do iPhone 5