PP, CiU e UPyD votan en contra dunha iniciativa de IU para que a Igrexa se autofinancie. A proposta pedia a fina da exención do pago do IBI e o recorte nun 20% da asignación do IRPF.
Fálase
A Fiscalía da Audiencia Nacional vólvese opoñer á excarceración de Uribetxebarria. Mantén que "non está en estado terminal" e que "pode ser tratado na cadea".
Os traballadores de Navantia advirten de que o dique flotante é "complementario" á carga de traballo e avisan a Feijóo que "tirar a toalla" con esta infraestrutura supón "unha falta ás súas promesas" e unha decisión "contraproducente".
Xa se está a montar no recinto de Expocoruña a instalación que albergará o xuízo do Prestige. O proceso xudicial comeza o 16 de outubro.
O ministro de Economía, Luis de Guindos, advirte de que "será imposible manter as prestacións sociais" se non muda a situación económica. En El País.
La Información analiza nunha infografia interactiva "as catro maneiras nas que Apple podería decepcionar os seus afeccionados" no lanzamento do iPhone 5
Un deputado do PP chama "pallaso e xabalí" ao parlamentario de IU, Alberto Garzón, que acusou o Goberno de "deriva totalitaria" e que lle pediu un referendo sobre os axustes.
O Obradoiro comeza a encherse coa concentración a prol do ensino no rural e contra os recortes. Os concentrados acudirán logo a San Caetano en manifestación. Imaxe de @CIGEnsino
O BNG lanza a serie #feijóomentirán sobre "os incumprimentos" do presidente e candidato á reelección. Os nacionalistas dedican o primeiro capítulo ao sector naval.
Denuncian que o colexio Castelao de Vigo comeza o curso escolar sen auga potable. (Foto: @tropeleiro)