Xa se está a montar no recinto de Expocoruña a instalación que albergará o xuízo do Prestige. O proceso xudicial comeza o 16 de outubro.
Fálase
O ministro de Economía, Luis de Guindos, advirte de que "será imposible manter as prestacións sociais" se non muda a situación económica. En El País.
La Información analiza nunha infografia interactiva "as catro maneiras nas que Apple podería decepcionar os seus afeccionados" no lanzamento do iPhone 5
Un deputado do PP chama "pallaso e xabalí" ao parlamentario de IU, Alberto Garzón, que acusou o Goberno de "deriva totalitaria" e que lle pediu un referendo sobre os axustes.
O Obradoiro comeza a encherse coa concentración a prol do ensino no rural e contra os recortes. Os concentrados acudirán logo a San Caetano en manifestación. Imaxe de @CIGEnsino
O BNG lanza a serie #feijóomentirán sobre "os incumprimentos" do presidente e candidato á reelección. Os nacionalistas dedican o primeiro capítulo ao sector naval.
Denuncian que o colexio Castelao de Vigo comeza o curso escolar sen auga potable. (Foto: @tropeleiro)
O Constitucional alemán acepta a participación de Alemaña no mecanismo de rescate, aínda que con condicións. Deberá poñer límites á responsabilidade que asuma e limitar a súa achega aos 190.000 millóns de euros, segundo a sentenza do Tribunal.
Rajoy: "Non sei absolutamente nada das condicións que nos van impoñer". O presidente do Goberno volve responder con incerteza sobre un hipotético rescate na sesión de control ao Executivo. Máis información, esta mañá en Praza.
A inflación interanual dispárase ao 2,7% pola suba do prezo dos carburantes. O IPC subiu cinco décimas en agosto con respecto ao mes anterior no Estado, segundo informa o INE. En Galicia incrementouse sete décimas, pero o ascenso interanual é inferior ao estatal.