Rajoy: "Non sei absolutamente nada das condicións que nos van impoñer". O presidente do Goberno volve responder con incerteza sobre un hipotético rescate na sesión de control ao Executivo. Máis información, esta mañá en Praza.
Fálase
A inflación interanual dispárase ao 2,7% pola suba do prezo dos carburantes. O IPC subiu cinco décimas en agosto con respecto ao mes anterior no Estado, segundo informa o INE. En Galicia incrementouse sete décimas, pero o ascenso interanual é inferior ao estatal.
A partir das sete da tarde Apple presentará publicamente o novo iPhone 5, cunha pantalla máis grande e un novo sistema operativo.
Holanda celebra hoxe eleccións, que se esperan moi axustadas entre os liberais e os socialdemócratas, con visións distintas sobre a economia, pero un discurso de escepticismo sobre Europa e as axudas aos paises do sur. En calquera caso uns e outros sumarán menos da metade dos escanos, polo que terán que establecer alianzas con varios partidos.
O Tribunal Constitucional alemán decidirá ao redor das dez da mañá sobre a legalidade do fondo permanente de rescate da eurozona. Ainda que dea luz verde, tamén podería engadir incertezas en forma de novas condicións á súa aprobación, e complicaría ainda máis as negociacións sobre futuros rescates.
O BNG amosa a imaxe de Guillerme Vázquez participando, convidado por ERC, na manifestación celebrada en Barcelona co gallo da Diada Nacional de Catalunya
O candidato do PSdeG á Xunta, Pachi Vázquez, interveu esta tarde ante o Grupo Socialista do Parlamento Europeo a carón do seu presidente, Hannes Swoboda. En Estrasburgo reuniuse tamén co vicepresidente da Comisión, Joaquín Almunia, e coa comisaria de Pesca, María Damanaki.
A manifestación independentista pechouse cun éxito indiscutible e unha guerra de cifras entre a policia local (un millón e medio de asistentes) e a Delegación do Goberno (600.000). Artur Mas recibirá esta semana os representantes da Assemblea Nacional Catalana, que instarán ao Govern a impulsar o proceso de secesión.
Os ex directivos demandados por Novagalicia Banco están citados para o vindeiro 21 de setembro. En caso de non haber acordo, a entidade procederá a presentar unha demanda pola vía social.
Veciños de Corcoesto reúnense con responsables de Industria para mostrarlles o seu "total rexeitamento" ao proxecto mineiro. A xuntanza tivo lugar este martes en Compostela, segundo asegura nun comunicado a plataforma contraria á mina.