Veciños de Corcoesto reúnense con responsables de Industria para mostrarlles o seu "total rexeitamento" ao proxecto mineiro. A xuntanza tivo lugar este martes en Compostela, segundo asegura nun comunicado a plataforma contraria á mina.
Fálase
A manifestación pola independencia de Catalunya supera as expectativas dos seus organizadores, enchendo completamente tres quilómetros das anchas avenidas do centro de Barcelona. Comeza a falarse dunha participación de dous millóns de persoas e a ANC afirma que "mañá comezamos a construción nacional". As rúas están colapsadas e a cabecera tentará chegar ao punto de remate previsto empregando unha via alternativa. Pódese seguir toda a información en Vilaweb.cat
O centro de Barcelona leva horas ateigado de xente, agardando a que comece a manifestación independentista, prevista para as seis. Pódese seguir a retransmisión en directo da TV3 a través da súa páxina web.
Alternativa Galega de Esquerda será a denominación definitiva coa que concorra ás eleccións a coalición entre Anova e Esquerda Unida
A Garda Civil desaloxou os activistas antitaurinos que protestaban conta o espectáculo do Toro de la Vega. O touro, chamado Volante, foi morto por un dos participantes no espectáculo.
Arrestan en Suecia a Gottfrid Svartholm War, cofundador de The Pirate Bay, deportado de Camboxa. Ao tempo que Google engade a páxina á súa lista de dominios censurados.
Un 24% dos mozos españois nin estuda nin traballa. A cifra é case oito puntos superior á media dos países desenvolvidos e España convértese así no estado europeo con maior paro e precariedade xuvenil, segundo o informe da OCDE.
Feijóo di que "ou se contrata algún barco nas próximas semanas ou se constrúe o dique flotante". "Non hai outra posibilidade", asegura o presidente da Xunta respecto ao conflito do naval, que se manifestou esta mañá por Ferrol. Máis información, esta tarde en Praza.
O veleiro Estelle, símbolo da terceira Frota da Liberdade para protestar contra o bloqueo israelí en Gaza, está entrando nestes momentos no porto de Alacante, onde será recibido por representantes de sindicatos, colectivos sociais e partidos de esquerda. Ao longo do día celebraranse unha serie de actividades de apoio na cidade.
Os traballadores do naval de Ferrol decidiron saír á rúa esta mañá en protesta pola negativa de Navantia ao dique flotante. Dende as instalacións da empresa, os obreiros dirixíronse a pé até o Concello, onde tentarán forzar unha reunión coa xunta de portavoces (imaxe via @tonysese).