A Garda Civil desaloxou os activistas antitaurinos que protestaban conta o espectáculo do Toro de la Vega. O touro, chamado Volante, foi morto por un dos participantes no espectáculo.
Fálase
Arrestan en Suecia a Gottfrid Svartholm War, cofundador de The Pirate Bay, deportado de Camboxa. Ao tempo que Google engade a páxina á súa lista de dominios censurados.
Un 24% dos mozos españois nin estuda nin traballa. A cifra é case oito puntos superior á media dos países desenvolvidos e España convértese así no estado europeo con maior paro e precariedade xuvenil, segundo o informe da OCDE.
Feijóo di que "ou se contrata algún barco nas próximas semanas ou se constrúe o dique flotante". "Non hai outra posibilidade", asegura o presidente da Xunta respecto ao conflito do naval, que se manifestou esta mañá por Ferrol. Máis información, esta tarde en Praza.
O veleiro Estelle, símbolo da terceira Frota da Liberdade para protestar contra o bloqueo israelí en Gaza, está entrando nestes momentos no porto de Alacante, onde será recibido por representantes de sindicatos, colectivos sociais e partidos de esquerda. Ao longo do día celebraranse unha serie de actividades de apoio na cidade.
Os traballadores do naval de Ferrol decidiron saír á rúa esta mañá en protesta pola negativa de Navantia ao dique flotante. Dende as instalacións da empresa, os obreiros dirixíronse a pé até o Concello, onde tentarán forzar unha reunión coa xunta de portavoces (imaxe via @tonysese).
A xornalista Ana Pastor, destituída como responsable de Los Desayunos de TVE, anuncia a súa incorporación á CNN para realizar entrevistas.
Feijóo gaba na súa acabada de estrear conta de Twitter a entrevista de Rajoy en TVE e di que a súa "única crítica" é que "non haxa máis"
O Goberno central sinala a través de Twitter que "a primeiros de outubro" convocará a conferencia de presidentes autonómicos
Bruxelas pedirá máis recortes en pensións e no desemprego e o endurecemento da reforma laboral. Tamén pedirá máis axustes nas autonomías se España solicita o rescate.