O Goberno central sinala a través de Twitter que "a primeiros de outubro" convocará a conferencia de presidentes autonómicos
Fálase
Bruxelas pedirá máis recortes en pensións e no desemprego e o endurecemento da reforma laboral. Tamén pedirá máis axustes nas autonomías se España solicita o rescate.
Economía Digital lembra os negocios fracasados en Galicia do construtor Enrique Bañuelos, que agora vai poñer en marcha un megacomplexo de ocio en Catalunya. Bañuelos puxo en marcha a inmobiliaria Astroc, que deixou perdas millonarias, ou un gran polígono industrial en Arteixo, que tampouvo viu a luz.
Este martes ten lugar en Tordesillas, un ano máis, o espectáculo do Toro de la Vega, no que un animal é lanceado até a morte. Partidos políticos, colectivos animalistas e veciños de Tordesillas piden que se revise o seu carácter de atracción turística ou que se prohíba.
Varios tertulianos progresistas, como Fernando Berlín, Antón Losada e Jesús Maraña, non continúan na nova tempada de Los Desayunos de TVE
Obama afiaza a súa vantaxe sobre Romney despois da convención demócrata. Segundo todas as enquisas publicadas esta semana, o actual presidente ten entre 4 e 6 puntos de diferenza e vence en todos os estados clave, incluidos Florida e Ohio.
#RajoyenTVE Rajoy di ter "moita confianza nos galegos" e cre que Feijóo "foi un magnífico presidente". Amosáse "confiado" na vitoria do PP e di que hai "dúas opcións: unha é o PP e outra son seis ou sete partidos".
#RajoyenTVE "O único que aseguro é que imos cumprir os compromisos de déficit do 4,5%", di Rajoy, que asegura que vai "tratar os pensionistas da mellor maneira posible". "Non cre" que se "vaia tocar" o IVE novamente e cre "probable" que se vaian impoñer "impostos verdes", os cales foron rexeitados pola Xunta.
#RajoyenTVE Rajoy asegura que "os puntos das condicións" do posible rescate "serán públicas", como no rescate bancario, no que o Goberno central só lle revelou algunhas das súas previsións á prensa estranxeira. "Se algo non tocarei son as pensións", promete.
#RajoyenTVE Rajoy non nega que España vaia pedir un rescate: "moitos españois pediron un crédito, antes un pregunta as condicións", di. "Sabemos que se o pedimos, nos poden dar o crédito", engade, nun contexto no que só resta "ver se nos convén".