O Obradoiro comeza a encherse coa concentración a prol do ensino no rural e contra os recortes. Os concentrados acudirán logo a San Caetano en manifestación. Imaxe de @CIGEnsino
Fálase
O BNG lanza a serie #feijóomentirán sobre "os incumprimentos" do presidente e candidato á reelección. Os nacionalistas dedican o primeiro capítulo ao sector naval.
Denuncian que o colexio Castelao de Vigo comeza o curso escolar sen auga potable. (Foto: @tropeleiro)
O Constitucional alemán acepta a participación de Alemaña no mecanismo de rescate, aínda que con condicións. Deberá poñer límites á responsabilidade que asuma e limitar a súa achega aos 190.000 millóns de euros, segundo a sentenza do Tribunal.
Rajoy: "Non sei absolutamente nada das condicións que nos van impoñer". O presidente do Goberno volve responder con incerteza sobre un hipotético rescate na sesión de control ao Executivo. Máis información, esta mañá en Praza.
A inflación interanual dispárase ao 2,7% pola suba do prezo dos carburantes. O IPC subiu cinco décimas en agosto con respecto ao mes anterior no Estado, segundo informa o INE. En Galicia incrementouse sete décimas, pero o ascenso interanual é inferior ao estatal.
A partir das sete da tarde Apple presentará publicamente o novo iPhone 5, cunha pantalla máis grande e un novo sistema operativo.
Holanda celebra hoxe eleccións, que se esperan moi axustadas entre os liberais e os socialdemócratas, con visións distintas sobre a economia, pero un discurso de escepticismo sobre Europa e as axudas aos paises do sur. En calquera caso uns e outros sumarán menos da metade dos escanos, polo que terán que establecer alianzas con varios partidos.
O Tribunal Constitucional alemán decidirá ao redor das dez da mañá sobre a legalidade do fondo permanente de rescate da eurozona. Ainda que dea luz verde, tamén podería engadir incertezas en forma de novas condicións á súa aprobación, e complicaría ainda máis as negociacións sobre futuros rescates.
O BNG amosa a imaxe de Guillerme Vázquez participando, convidado por ERC, na manifestación celebrada en Barcelona co gallo da Diada Nacional de Catalunya