O ministro do Interior comparece no Congreso para falar da morte de, cando menos, 15 persoas que tentaban chegar a Ceuta. Pódese seguir ao vivo en El Diario
Fálase
Montse Dopico entrevista Xabier P. Docampo sobre A illa de todas as illas (Xerais), novela que presenta este xoves en Compostela: “O único que non serve para nada é non saber nada. Somos seres chamados a coñecer”
SOS Sanidade Pública chama a veciñanza de Vigo a participar este serán nunha manifestación contra os recortes sanitarios. Será ás 20:00 dende a Praza dos Cabalos.
A veciñanza compostelá de Galeras, que loita contra a construción dun acceso a un aparcadoiro privado no seu parque, convoca unha nova mobilización para o vindeiro sábado.
A Alianza Libre Europea comeza hoxe en Compostela os actos da súa asemblea, na que o BNG é o anfitrión. O Bloque recibe unha delegación da ALE no Parlamento, onde realizará unha visita pola Cámara e será recibida pola presidenta, Pilar Rojo.
O xuíz ve indicios de apropiación indebida ou estafa na actuación de cinco ex directivos de Caixanova, entre eles Gayoso, por repartírense 19 millóns en indemnizacións. En Infolibre.
Sindicatos policiais aseguran que foron premiados tras o accidente de Angrois axentes que "nin pisaron as vías". Cóntao Faro de Vigo
Francisco Fernández Liñares, ex concelleiro en Lugo e ex presidente da Confederación Hidrográfica admitiu ante a xuíza da Pokémon que recibira 300.000 euros de Véndex, segundo o sumario. Liñares tamén admite que ese é un "patrimonio indebido".
Carmen Iglesias recibirá 100.000 euros ao ano tras pasar ao Grupo Mixto. Esta cantidade inclúe o seu salario e os gastos de funcionamento do grupo. A deputada, que foi elixida por AGE, poderá facerlle unha pregunta ao presidente por cada período de sesións. Acordouse onte no Parlamento
Os traballadores do naval de Ferrol volven saír á rúa en protesta pola falta de carga de traballo para os 2.300 empregados de Navantia e os 3.600 das empresas auxiliares. Alertan de que o flotel encargado por Pemex só dará traballo a 282 persoas.