Carmen Iglesias recibirá 100.000 euros ao ano tras pasar ao Grupo Mixto. Esta cantidade inclúe o seu salario e os gastos de funcionamento do grupo. A deputada, que foi elixida por AGE, poderá facerlle unha pregunta ao presidente por cada período de sesións. Acordouse onte no Parlamento
Fálase
Os traballadores do naval de Ferrol volven saír á rúa en protesta pola falta de carga de traballo para os 2.300 empregados de Navantia e os 3.600 das empresas auxiliares. Alertan de que o flotel encargado por Pemex só dará traballo a 282 persoas.
A Comisión Europa vén de publicar un estudo sobre o perfil da audiencia audiovisual actual e futura en dez países da UE. Os resultados amosan que o 68% dos e das europeas menores de 50 anos ve películas descargadas da rede, unha porcentaxe que en España chega ao 79% e que semella gardar unha proporción inversa ao poder adquisitivo dos cidadáns de cada país.
Meubook xa ten dispoñibles os dous primeiros títulos dos Libros de Praza & Meubook. Este xoves, na celebración do segundo aniversario do xornal, presentaranse ambos volumes coa presenza dos seus autores, David Reinero e Héctor Juanatey.
A Garda Civil rexistra o Concello de Coristanco. Investigan, segundo a TVG, presuntos delitos de prevaricación e tráfico de influencias.
O Parlamento restrinxe a presenza de medios gráficos no hemiciclo e dende agora só permite unha cámara por medio agás na sesión de control ao presidente.
O director da Garda Civil anuncia "querelas criminais" contra inmigrantes e activistas. Arsenio Fernández de Mesa denunciará a quen "inxuriou ou calumniou" os axentes pola actuación na que morreron quince persoas.
Volven ocupar a Sala Yago, o teatro compostelán e antigo cine que leva pechado dende 2007. (Foto: @RosaAneiros)
O ministerio do Interior aclara que non prohibiu os disfraces de Garda Civil no Entroido. Recólleo Europa Press.
A terceira edición dos Premios Incuvi-Emprende seleccionou oito empresas dun total de 29 proxectos presentados, que se instalarán nos campus de Vigo e Pontevedra. Ademais, seleccionáronse seis accésits que compartirán espazos de coworking