Vén de rematar a xuntanza a xuntanza entre Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo na Moncloa. Segundo o Goberno central, Rajoy recibiu o presidente da Junta de Galicia

Vén de rematar a xuntanza a xuntanza entre Mariano Rajoy e Alberto Núñez Feijóo na Moncloa. Segundo o Goberno central, Rajoy recibiu o presidente da Junta de Galicia
Morren dous mariñeiros do Morrazo na Illa de Ons cando estaban traballando. Os falecidos son, segundo as primeiras informacións, de Cangas e Bueu. Foi un buque de pesca que faenaba na zona o que deu aviso aos servizos de emerxencia. Os primeiros datos, en Europa Press Galicia
Novo record de paro en Grecia. A taxa de desemprego superou o 20% no último trimestre de 2011. O país está inmerso nunha depresión de difícil saída tendo en conta que a mala saúde das finanzas públicas, danadas polos excesos do pasado e a austeridade actual. Información de Reuters
A xornalista Esther Palomera, colaboradora habitual de 59 segundos, asegura no seu Twitter que o programa de debate desaparece da grella de Televisión Española
Os traballadores do naval de Ferrol e Fene xa están concentrados en San Caetano despois de máis de dúas xornadas enteiras de camiño. Ás once o conselleiro Javier Guerra recibe aos representantes dos traballadores. A foto é de Rubén Cela
Núñez Feijoo xustifica o copagamento sanitario nunha entrevista na Cadena Ser: "A crise non se pode levar por diante o sistema nacional de saúde. Todo o que teñamos que facer é para asegurar o futuro do sistema. Non fagamos demagoxias. Cando un presidente autonómico toma unha decisión así non é porque sexa un malvado, senón porque a situación lle impide facer outra cousa".
Dúas provincias arxentinas veñen de retirar a Repsol o dereito á explotación doutros dous xacementos de petróleo. É unha decisión que afecta a YPF, división arxentina, en tanto eses dous xacementos supoñen máis do 7% da produción total neste país. No diario Clarín hai máis información
Un estudo afirma que o 51% do tráfico total de Internet non é "humano" e ademais é maioritariamente "malicioso"
Dúas informacións falan este xoves da influencia exercida por Irán nalgúns dos conflitos que se están a vivir en Oriente Medio. The Guardian revela o contido de máis de tres mil e-mails do presidente sirio Bashar al-Assad, nos que se amosarían as suxestións feitas por Teherán a Damasco para xestionar as revoltas. Mentres, The New York Times salienta o apoio iraniano aos rebeldes do Iemen.
Otelo Saraiva de Carvalho defendeu este mércores en Coimbra a actuación das forzas armadas en nome do pobo ante a perda de soberanía.