As cidades e vilas galegas acolleron ante as sedes das súas principais institucións e diante doutros centros de traballo centos de concentracións en repulsa polos atentados e en solidariedade coa sociedade catalá.

As cidades e vilas galegas acolleron ante as sedes das súas principais institucións e diante doutros centros de traballo centos de concentracións en repulsa polos atentados e en solidariedade coa sociedade catalá.
Milleiros de persoas participaron en Barcelona na concentración convocada en repulsa polos atentados, onde se escoitaron berros de "No tinc por" (non teño medo). Os actos de solidariedade repetíronse en toda España
O falecemento dunha muller que resultou ferida de gravidade en Cambrils eleva a 14 o número de vítimas mortais dos atentados
Este venres ás 12 horas están convocadas concentracións de solidariedade con Barcelona en moitas cidades e vilas galegas. Os actos, encabezados por un minuto de silencio, terán lugar ante as sedes dos concellos. CCOO e UGT convocan tamén concentración á mesma hora ante os centros de traballo.
O Colexio de Periodistas de Cataluña lembra as recomendacións para a cobertura xornalística de actos terroristas, elaboradas conxuntamente co Consell de l'Audiovisual de Catalunya, e publicadas hai uns meses. Entre elas está a de non publicar imaxes de cadáveres ou dunha "crueldade excesiva"
Os traballadores de Eulen en El Prat decidiron suspender a folga polo atentado de Barcelona. Unhas horas antes, traballadores e empresa non conseguiran nomear un mediador de consenso para dirixir o laudo obrigatorio imposto polo Goberno
O atentando de Barcelona ocupa as portadas da prensa española e tamén dos medios internacionais. Medios como The Guardian, The Times, The Independente ou Libération dedícanlle toda a portada das súas edicións impresas.
Abatidos cinco terroristas que pretendían cometer un novo atentado en Cambrils. Os Mossos d'Esquadra frustraron o ataque despois de que os sospeitosos se lanzasen nun vehículo contra un control policial no paseo marítimo da localidade tarraconense
ÚLTIMA HORA | Unha furgoneta atropella varias persoas nas Ramblas de Barcelona. Hai varios feridos.
UGT desconvoca a folga prevista a partir do 20 de agosto en Alvedro tras chegar a un acordo con Eulen para suspender a convocatoria até o 20 de setembro e negociar durante ese mes. Unha xuntanza entre sindicato e empresa decidirá se ocorre o mesmo co paro previsto en Lavacolla. CIG, CCOO e USO desmarcáranse da iniciativa de UGT.