O atentando de Barcelona ocupa as portadas da prensa española e tamén dos medios internacionais. Medios como The Guardian, The Times, The Independente ou Libération dedícanlle toda a portada das súas edicións impresas.

O atentando de Barcelona ocupa as portadas da prensa española e tamén dos medios internacionais. Medios como The Guardian, The Times, The Independente ou Libération dedícanlle toda a portada das súas edicións impresas.
Abatidos cinco terroristas que pretendían cometer un novo atentado en Cambrils. Os Mossos d'Esquadra frustraron o ataque despois de que os sospeitosos se lanzasen nun vehículo contra un control policial no paseo marítimo da localidade tarraconense
ÚLTIMA HORA | Unha furgoneta atropella varias persoas nas Ramblas de Barcelona. Hai varios feridos.
UGT desconvoca a folga prevista a partir do 20 de agosto en Alvedro tras chegar a un acordo con Eulen para suspender a convocatoria até o 20 de setembro e negociar durante ese mes. Unha xuntanza entre sindicato e empresa decidirá se ocorre o mesmo co paro previsto en Lavacolla. CIG, CCOO e USO desmarcáranse da iniciativa de UGT.
O PP non atopa apoios para reabrir o debate da lista máis votada. Unidos Podemos e ERC rexéitana por completo e PSOE e Ciudadanos instan os populares a presentar unha proposta concreta para valorarala.
Juana Rivas recorrerá ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos para pedir protección para os seus fillos
O Goberno aproba o laudo arbitral co que imporá unha solución ao conflito de El Prat en dez días. Dálles 24 horas a Eulen e aos traballadores para pactar un nome de consenso para exercer de árbitro; se non o fan, escollerá un pola súa conta, que emitirá un ditame en dez días.
Un incendio en Cualedro obriga a cortar a A-52, do punto quilométrico 173 ao 178, en Trasmirás. O lume empezou ás 18 horas e permanece activo.
A Deputación da Coruña estuda denunciar a Fundación Franco por delitos de odio, tal e como reclamaba a CRMH da Coruña.
Trump equipara nazis e manifestantes antinazis como responsables dos incidentes de Charlottesville. "Houbo un grupo dun lado que foi malo e houbo un grupo do outro lado que tamén foi moi violento", afirmou o presidente estadounidense, que defendeu a continuidade da estatua do xeneral confederado Robert E. Lee.