Juana Rivas recorrerá ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos para pedir protección para os seus fillos

Juana Rivas recorrerá ao Tribunal Europeo de Dereitos Humanos para pedir protección para os seus fillos
O Goberno aproba o laudo arbitral co que imporá unha solución ao conflito de El Prat en dez días. Dálles 24 horas a Eulen e aos traballadores para pactar un nome de consenso para exercer de árbitro; se non o fan, escollerá un pola súa conta, que emitirá un ditame en dez días.
Un incendio en Cualedro obriga a cortar a A-52, do punto quilométrico 173 ao 178, en Trasmirás. O lume empezou ás 18 horas e permanece activo.
A Deputación da Coruña estuda denunciar a Fundación Franco por delitos de odio, tal e como reclamaba a CRMH da Coruña.
Trump equipara nazis e manifestantes antinazis como responsables dos incidentes de Charlottesville. "Houbo un grupo dun lado que foi malo e houbo un grupo do outro lado que tamén foi moi violento", afirmou o presidente estadounidense, que defendeu a continuidade da estatua do xeneral confederado Robert E. Lee.
O soldo medio dos empregados da empresa de seguridade de Eulen reduciuse un 11,7% entre 2012 e 2016: de 22.223 euros brutos a 19.630. InfoLibre destaca que os administradores da compañía ingresaron o pasado ano 288.000 euros, un 20% máis que en 2015
O Goberno central estuda mudar o sistema de poxas eléctricas das que depende Alcoa. Entre as propostas están a de convocar as poxas cada dous anos ou a de combinalas con bonificacións medioambientais
Cabo de Cruz foi o gañador da 28ª Bandeira de Traíñas Deputación da Coruña, celebrada este mediodía en augas de Santa Cristina (Oleiros). A embarcación boirense superou en tres segundos ás de A Pobra e Ares, que completaron o podio separadas por centésimas.
O PSdeG pide desculpas polo "erro" de publicar na súa conta oficial de Facebook unha mensaxe de apoio ao precandidato á Secretaría Xeral da formación, Juan Díaz Villoslada, un feito denunciado por Xoaquín Fernández Leiceaga. Tamén Gonzalo Caballero pídelle á xestora socialista "neutralidade" e que vele por "non impulsar unha candidatura determinada"
Extinguido o incendio de Vilariño de Conso logo de queimar 120 hectáreas. O lume comezou o pasado sábado ao mediodía.