A Xunta repará este verán, previo á celebración das eleccións ao Parlamento galego, 570 quilómetros de estradas, o 10% da rede autonómica.
Fálase
Hoxe continúa o debate de investidura no Congreso, coas réplicas a Pedro Sánchez dos restantes grupos da cámara e a votación, a última hora da tarde, na que previsiblemente o candidato do PSOE só obterá o apoio de Ciudadanos e Coalición Canaria.
Trump e Clinton gañan amplamente o supermartes de primarias e perfílanse como candidados republicano e demócrata á Presidencia. Trump impúxose en 7 dos 11 estados en xogo e conseguíu 192 delegados máis, fronte a 132 de Cruz e os 66 de Rubio. Clinton tamén obtivo sete triunfos, grazas sobre todo ao voto negro e latino.
Nova concentración en apoio de Nicanor Acosta, que se enfronta a dúas novas sancións por manifestarse contra as preferentes e por un escrache. O activista coruñés fora absolto pola xustiza tras outra sanción da Subdelegación do Goberno.
O prezo do leite en Galicia segue estancado a comezos de ano. Os gandeiros galegos continúan a recibir o importe máis baixo do Estado, 28,8 céntimos por litro.
Pedro Sánchez reta a Podemos a comezar o cambio "a vindeira semana" e insiste en que "non hai maioría suficiente para formar un goberno de esquerda".
A ONU cifra nunhas 30.000 as persoas atrapadas na fronteira entre Grecia e Macedonia. Nacións Unidas alerta de que a UE está preto de provocar unha crise humanitaria coas persoas refuxiadas. Recólleo Desalambre
Ás 16:30 comeza a sesión de investidura no Congreso. Podes seguir o discurso de Pedro Sánchez ao vivo nesta ligazón
Feijóo desdeña o debate de investidura ao manter que non é máis ca un "mitin televisado" con "máis audiencia" que se Pedro Sánchez "enchese o Bernabeu ou o Nou Camp". O desenvolvemento da formación do Goberno de España está a condicionar o calendario preelectoral do PP galego.
Padrón presenta o seu primeiro programa das Festas da Pascua sen touradas. Cúmprese así a moción aprobada o pasado setembro por iniciativa do BNG, que saíu adiante malia á oposición do PP, que goberna o Concello.