O Ministerio de Educación dálle o visto e prace á creación dunha fundación para eloxiar a figura do líder ultradereitista Blas Piñar, falecido o pasado xaneiro. Cóntao El País

O Ministerio de Educación dálle o visto e prace á creación dunha fundación para eloxiar a figura do líder ultradereitista Blas Piñar, falecido o pasado xaneiro. Cóntao El País
As obras do AVE reciben sancións mínimas por danar ríos. A destrución dun leito en Ourense sáldase cunha multa de 7.500 euros.
Vinte e cinco petroleiras buscan xacementos onde faena a frota galega no Gran Sol. A área afectada roza os 16.000 metros cadrados, segundo conta Faro de Vigo.
Máis de 150.000 persoas pasaron pola praia das Catedrais nos primeiros 17 días de agosto. O récord bateuse o día 13, con máis de 14.000 visitantes nunha zona para a que o Concello reclama que sexa declarada parque natural ante os problemas que causan estas aglomeracións.
Audasa é a segunda concesionaria con máis queixas por mor dos continuos atascos. A concesión non rematará ata dentro de 34 anos.
A baixada nas exportacións pon en dúbida a recuperación da que presume o Goberno central. As que eran consideradas base do crecemento confirman a súa tendencia á baixa.
Correos da dirección de Caixa Catalunya en Galicia e Asturias demostran que intentou colocar preferentes a estranxeiros. Así o desvela a Cadena Ser, que tivo acceso a mails con presións aos empregados.
A Deputación de Lugo conmemora o Día da Galiza Mártir cunha homenaxe ás 5.000 persoas represaliadas pola ditadura na provincia. O responsable de Cultura da institución, Mario Outeiro, sinala que a Deputación "estivo durante moitos anos en débeda cos represaliados, porque a súa sede do Pazo de San Marcos foi durante a ditadura sala onde se celebraron procesos que levaron a moitos destes homes e mulleres á morte"
O PP defende a devolución dos concertos aos colexios que segregan por sexo. Segundo o seu deputado Román Rodríguez estes centros "non discriminan a ninguén".
RTVE corrixe, tras múltiples protestas nas redes sociais, a referencia a que García Lorca "nos deixaba" hai 78 anos para especificar que o poeta foi asasinado