O comunicado de prensa da Conferencia de Reitores cualifica de "falta de respeto e de atención a toda a comunidade universitaria" a actuación do ministro Wert por negarse a debater con eles o Decreto-Lei 14/2012. Esixen unha reunión urxente con Mariano Rajoy
Fálase
Evitan o desafiuzamento dunha muller e do seu fillo de catro anos en Ferrol, no barrio de Esteiro.
O Goberno comprométese a achegar todos os cartos que sexan necesarios para sanear o grupo BFA-Bankia, o que lle dará o seu control a través dunha participación que se venderá "no prazo máis breve posible". Segundo De Guindos, o banco necesita 9.000 millóns de euros.
300 activistas e investigadores traballan en Bruxelas no agromo dun movemento social paneuropeo. Crónica en Periodismo Humano
Luís de Guindos comparece no Congreso para explicar o proceso de nacionalización de BFA e Bankia. O PSOE denuncia que "a escala do desastre de Bankia colleu por sorpresa ao Gobierno español"
Os reitores deciden non asistir á reunión que os convocara o ministro de Educación. José Ignacio Wert negouse a debater con eles os recortes. En El País.
A concelleira de Cultura da Coruña desmárcase da liña oficial do PP e pronúnciase abertamente a favor do matrimonio entre persoas do mesmo sexo durante a presentación dos actos do Día do Orgullo LGTB na cidade, que apoia o goberno local
#QueremosTwitterEnGalego Múltiples usuarios e usuarias de Twitter reivindican hoxe de novo que o @translator desta rede social abra a porta a unha versión en galego, como xa fixo co éuscaro e o catalán.
Amaiur logra por primeira vez que unha iniciativa súa sexa aprobada no Congreso dos Deputados. Foi unha moción sobre os coñecidos como 'nenos da guerra' civil.
A Xunta insiste en que NCG Banco pode seguir en solitario, pero pide crear o "clima" axeitado para que entren investidores na entidade.