A Xunta insiste en que NCG Banco pode seguir en solitario, pero pide crear o "clima" axeitado para que entren investidores na entidade.
Fálase
Rajoy suplica axuda ao BCE para soster a débeda. "Europa ten que dar unha resposta porque non se pode vivir así moito tempo; este é o tema máis urxente", dixo tras o seu encontro con Hollande, ademais de anunciar que España non acudirá ao fondo europeo para recapitalizar a banca.
A CIG convoca esta tarde concentracións contra a reforma laboral, coincidindo coa súa aprobación definitiva no Congreso dos Deputados.
O PP rexeita no Congreso rebaixar o orzamento da Casa Real. En La Información.
A folga estudantil convocada no Quebec contra o incremento das taxas universitarias nun 75% chega aos cen días. Galería de imaxes en Le Monde.
CCOO e UGT convocan concentracións contra a reforma laboral para a noite de hoxe (a partir das 22 horas) e mañá ao mediodía (a partir das 12 horas). Na Coruña serán diante da Delegación do Goberno; en Ferrol, na praza de España, diante do edificio administrativo da Xunta; en Vigo, tamén diante do edificio da Xunta; en Lugo, Ourense e Pontevedra, diante das respectivas Subdelegacións do Goberno.
Alemaña segue obtendo beneficios da crise, o que explica a súa posición contraria á posta en marcha dos eurobonos ou doutras medidas. Vende 4.500 millóns en débeda a dous años ao interese máis baixo da súa historia: o 0,07%
Isaac Rosa publica Los recortes educativos, explicados a lo bestia en Zona Crítica, o blog de lanzamento de eldiario.es
Shigeru Miyamoto, creador de Super Mario (entre outros videoxogos), Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
O número de traballadores afectados por ERE sobe un 53% no primeiro trimestre do ano, en comparación co mesmo periodo de 2011 e logo da entrada en vigor da reforma laboral. O Goberno, no entanto, compara a cifra co último trimestre do ano pasado para destacar o descenso nas regulacións de emprego.