Cuac FM celebra este sábado unha asemblea aberta para deseñar a programación da nova tempada de emisións, que comezarán o 30 de setembro. Todas as persoas ou colectivos interesados en realizar un programa na radio comunitaria poderán facer as súas propostas no Centro Universitario de Riazor (C.U.R.) a partir das 10.30 horas.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/523ae1fb8ef68-asambleacuac.jpg)