#consellodaxunta A Xunta aproba un protocolo para garantir "o persoamento" da Xunta en todas as causas xudiciais contra incendiarios. Os letrados da Xunta defenderán a "prisión provisional" contra os incendiarios.
Fálase
Dirk Hohndel, CTO de Intel, afirma durante a LinuxCon, que o tempo de Linux é chegado e salienta que Linux liderará o segmento de sistemas operativos orientados ao usuario
O TSXG ordena a execución forzosa da sentenza que ilegaliza parcialmente o decreto plurilingüe, anulando aspectos como a enquisa ás familias. O tribunal, en resposta á Mesa e á CIG, advirte de que a Xunta pode incorrer en responsabilidades penais. Máis información, hoxe en Praza.
Facenda reduce a 126 millóns a cantidade máxima a devolver polo 'tax lease' do naval. O Ministerio remite a Bruxelas un documento no que detalla esa cantidade, á espera da análise de cada caso.
IU pide ampliar a querela do caso Bárcenas contra Acebes, Álvarez-Cascos e quince empresarios. En El Diario
O asasinato dun cantante antifascista por parte de neonazis incendia Grecia. Milleiros de persoas saen ás rúas, onde se produciron numerosos disturbios.
Arxentina dita orde de detención internacional para catro torturadores franquistas. Rajoy terá que decidir agora se tramita a petición de extradición da xuíza María Servini de Cubría.
A xuíza da Pokémon prorroga o segredo de sumario ao facerse un ano do inicio do caso. En Faro de Vigo.
Xefes de seguridade de ADIF negan ante o xuíz que os sinais de Angrois fosen responsabilidade súa. En El País.
O sector do lixo convoca folga na Coruña para o 4 de outubro. Albada, Cespa, Sogama e Lousame apoian o paro polo conflito na recollida do lixo na cidade.