Fondos voitre súmanse a Oetker no seu interese por Pescanova, segundo publica Economia Digital. Entre outros, destacan os nomes de fondos como Fidelity ou Centerbrigde
Fálase
#consellodaxunta Feijóo asegura que cando sinalou que a campaña de incendios estaba a ser "excepcional" se estaba a referir ao "traballo das brigadas".
A Universidad de Zaragoza suspende un acto con Wert para evitar protestas. A cerimonia oficial de apertura do curso universitario ía celebrarse o vindeiro luns.
#consellodaxunta Feijóo informa da declaración de interese turístico da Festa das Pepitas de Ferrol, o Entroido dos Xenerais do Ulla e a Festa da Castaña de Folgoso do Courel
#consellodaxunta Feijóo asegura que a administración paralela ten agora "o mesmo tamaño que en 2003"
As Xornadas de Arte de Acción Chámalle X celebran estes días o seu décimo aniversario, destaca culturagalega.org. Pontevedra, Ourense e Vigo acollen as actuacións do evento
#consellodaxunta A Xunta aproba un protocolo para garantir "o persoamento" da Xunta en todas as causas xudiciais contra incendiarios. Os letrados da Xunta defenderán a "prisión provisional" contra os incendiarios.
Dirk Hohndel, CTO de Intel, afirma durante a LinuxCon, que o tempo de Linux é chegado e salienta que Linux liderará o segmento de sistemas operativos orientados ao usuario
O TSXG ordena a execución forzosa da sentenza que ilegaliza parcialmente o decreto plurilingüe, anulando aspectos como a enquisa ás familias. O tribunal, en resposta á Mesa e á CIG, advirte de que a Xunta pode incorrer en responsabilidades penais. Máis información, hoxe en Praza.
Facenda reduce a 126 millóns a cantidade máxima a devolver polo 'tax lease' do naval. O Ministerio remite a Bruxelas un documento no que detalla esa cantidade, á espera da análise de cada caso.