A repetición das eleccións xerais apenas suporía cambios, segundo unha enquisa que hoxe publica eldiario.es
Fálase
Persoal de TVE recea do novo director da canle, antigo xefe de prensa do PP en Catalunya.
A UE propón devolver os refuxiados a Turquía e dende alí conceder asilo só aos sirios. Rajoy ofrecerá acoller uns 450 refuxiados a pesar de que se comprometera a dar asilo a máis de 17.000
O PSOE non acudirá á xuntanza dos partidos de esquerdas polo veto a Ciudadanos e a negativa dos socialistas de negociar sen a formación de Albert Rivera
En Marea rexistra no Congreso a proposición non de lei para reclamar a anulación da prórroga de ENCE. "Empregaremos todas as vías legais e xurídicas en colaboración con colectivos como Salvemos Pontevedra para conseguir que a ría volva ser da xente", din.
O Concello de Pontevedra expedienta a empresa Cespa por non colaborar no "esclarecemento" de presuntos "enchufes". A compañía, do grupo Ferrovial, é unha das investigadas na operación Patos.
O rei non convocará, polo momento, unha nova rolda de consultas para a investidura. Así o confirma a Casa Real nun comunicado tras a xuntanza do xefe do Estado co presidente do Congreso, Patxi López.
Breogán Riobóo dirixe unha "carta" á militancia de Podemos Galicia para anunciar o lanzamento "dun proceso participativo, edificante, que transcenda nunha candidatura ampla, que sexa representativa da esencia do que é Podemos". O partido celebra primarias en abril. Podes descargar a misiva íntegra nesta ligazón
Os comuneiros de Cabral elixirán o vindeiro 17 de abril unha nova Xunta Reitora. Unha tensa asemblea, con máis de 650 participantes, fixou a data das eleccións e aprobou as contas de 2014 e 2015. O sector crítico acusa a actual directiva de manipular o censo e de malgastar varios millóns de euros.
Bernie Sanders suma a súa oitava vitoria nas primarias demócratas dos Estados Unidos fronte a Hillary Clinton, que leva 12.