Milleiros de persoas solicitan a través dunha petición en Actuable que o Rei renuncie ao seu cargo honorífico en Adena-WWF
Fálase
Desmontando a falacia: A sanidade pública en España non é cara. Cun sistema máis universal e de máis calidade que outros países europeos, gasta menos que Alemaña, Portugal ou Francia
O delegado do Goberno en Euskadi estuda tomar medidas contra o alcalde de Donostia (de Bildu), despois de que este sábado ondease na Casa do Concello a bandeira republicana
Hoxe comeza o xuízo contra Anders Breivik. Á chegada á sala afirmou que non recoñece o tribunal por estar "ás ordes de políticos que promoven o multiculturalismo"
Fútbol. Resultados de Terceira.
As Pontes 3 - 1 Villalonga
Rápido de Bouzas 1 - 2 Negreira
Racing de Ferrol 4 - 2 Lalín
Betanzos 3 - 1 Somozas
Órdenes 1 - 1 Alondras
Bergantiños CF 1 - 1 Ourense
Estradense 0 - 1 Cultural Areas
Racing Club Villalbés 2 - 0 Pontevedra CF
Fabril 2 - 0 Dorneda
Xuventú Sanxenxo 2 - 1 CercedaMarcha Conde Roa. O presidente da Xunta e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presidiu esta tarde unha reunión urxente co alcalde de Santiago para abordar o seu futuro político, unhas horas antes de que este luns o xuíz faga público o auto sobre a súa imputación formal por fraude fiscal. O aínda rexedor dimitará.
O Comité de Traballo e Benestar da Coruña celebra o luns ás 12 ante a xefatura territorial unha manifestación para amosar a súa oposición á Lei de Medidas contra @s Empregad@s Públicos.
Anxo Quintana escribe un perfil de Francisco Jorquera en El País. "Paco Jorquera e eu somos do mesmo partido; dicir da mesma fronte sería moito máis exacto, pero soaría algo cursi", di o ex vicepresidente da Xunta. Foto de Xurxo Lobato.
Economía Digital impulsa unha nova edición en Galicia. O diario dixital económico catalán terá unha versión para o país, que será bilingüe.
Fútbol. Segunda B. O Montañeros gaña ao todopoderoso Oviedo (2-1) e segue soñando coa salvación. O Coruxo empata na casa ante o Alcalá (1-1) e terá que seguir loitando para asegurar a permanencia.