A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, imputada por prevaricación urbanística, suborno e tráfico de influencias.
Fálase
Xogadores do Deportivo e Fernando Vázquez únense ás reivindicacións de Nunca Máis e posan con bandeiras da plataforma, como xa fixeran futbolistas do Lugo. As afeccións dos dous clubs, e a do Celta, están emprazados a protestar no minuto dez dos seus partidos deste sábado contra a sentenza do Prestige.
A prensa planta o vicepresidente valenciano na rolda de prensa posterior ao Consell da Generalitat en protesta polo peche de Canal 9. Recólleo El País #RTVVnoestanca
Así foi o derradeiro minuto de emisión de Canal 9, xusto antes do apagón propiciado pola intervención policial #RTVVnoestanca
O Goberno valenciano pecha definitivamente Canal 9 tras a entrada da Policía nas instalacións da canle para permitir o corte do sinal. #RTVVnoestanca
Xunta e Fegamp chegan a un acordo para aprazar a suba do canon de Sogama até xullo de 2014. Máis información, hoxe en Praza.
Xa están en marcha as primeiras actividades do Culturgal 2013. Ás 12:30 celébrase a inauguración oficial da feira das industrias culturais. Aquí podedes consultar todo o programa.
O xornal escocés Edinburgh News caracteriza a Mariano Rajoy como un membro da Inquisición española parodiada á súa vez polos Monty Python. O cadriño ironiza sobre as advertencias de Rajoy a respecto da eventual independencia de Escocia.
A web da CRTVG retransmite ao vivo o sinal de Canal 9, que emite un programa especial xestionado polo seu persoal mentres o Goberno valenciano tenta pechar a canle #RTVVnoestanca
Verdegaia entrega mañá o premio Semente á plataforma Contraminacción polo seu labor contra a minería contaminante en Galicia. O premio Cemento recaeu este ano no alcalde de Cabana de Bergantiños, "en nome e representación de Edgewater".